Este contido incluirase na web oficial do centro, no apartado de Aula Virtual.

SESIÓN 2 (22 de Novembro 2023)
AUDICIÓN PARA COMEZAR:
Urticariam de Carlos Diéguez. Poema sinfónico descriptivo sobre escenas históricas, paisaxísticas ou musicais de Ortigueira. Escoitaremos «O Día da Patroa» e «A Condesa de Santa Marta».
Distingue: os Timbres, tipos de compás, pulso, tonalidade, elementos agóxicos…
ACTIVIDADE 1
Imos a facer 2 exercicios de Percusión Corporal basados na música que acabas de escoitar. Para elo, escolle primeiro un patrón rítmico. Despois cambia de patrón e por último improvisa ou invéntate ti mesmo un.
a) Descarga a Partitura de O DÍA DA PATROA CLIC A. UNIDADE 4.1.
b) Practica (co vídeo a negra=76)
Podes comezar máis despacio: (negra=66)
Ou probar máis rápido: (negra=86)
c) Descarga a Partitura de A CONDESA DE SANTA MARTA CLIC B. UNIDADE 4.1.
d) Practica (co vídeo a negra=76)
Podes comezar máis despacio: (negra=66)
E rematar máis rápido: (negra=86)
ACTIVIDADE 2
a) Descarga a Partitura Clic Unidade 4. actividade 2.
b) Escoita a versión orixinal para Banda (atende á armonía)
c) No seguinte vídeo, escribe a voz do baixo (man esquerda do piano)
d) Entona a melodía primeiramente e indica onde se producen as modulacións e por cal procedemento ocorren.
ACTIVIDADE 3
a) Descarga a Partitura Clic unidade 4. sesion 2. actividade 3.
Se precisas uns metrónomos, aquí os tes:
7/8 (2+2+3) a 66 negra
7/8 (2+2+3) a 76 negra
8/8 (3+2+3) a 66 negra
8/8 (3+2+3) a 76 negra
8/8 (3+3+2) a 66 negra
8/8 (3+3+2) a 76 negra
b) Practica unha lectura recitada, e entonada cos Audios:
1
2
3
4
5 «Cavaleiros de Santiago»
ACTIVIDADE 4
a) Descarga a Partitura Clic Unidade 4. actividade 4.
b) Sabías que é o transporte?, e as diferencias entre escrito e mental? Lee atentamente sobre elo.
c) Transporta mentalmente unha 3ª menor descendente e unha segunda maior ascendentemente.
ACTIVIDADE 5
a) Descarga a Partitura Clic MUSICA PARA LA VIDA. UNIDADE 4.5
b) Practica unha Lectura Entonada acompañado/a do piano e escoita a parte da voz.
c) Podes practicala tamén soamente co acompañamento do piano:
AUDICIÓN DE DESPEDIDA:
Na Sesión 3, da Unidade 4, traballaremos a música vocal feita en Ortigueira. Aquí un adianto:
ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN
a) Practica a Lectura de Notas en diferentes Claves. Esta actividade é para toda a Unidade 4. Como temos 4 sesións, elixe unha clave por cada unha.
CLAVE DO 1ª | CLAVE DO 2ª | CLAVE DO 3ª | CLAVE DO 4ª
b) Lectura de Fragmentos de Obras adicadas a Ortigueira, nas claves de DO.
c) Practica as leccións que non realizamos da Actividade 3 na clase. Escolle a velocidade máis adecuada para ti!
d) Transporta mental ou escrito a outras tonalidades (elixe previamente o novo intervalo), da actividade 4.
CO INSTRUMENTO: ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN
Proposta: ¿Queres leer (transporta se é o caso) e interpretar co teu instrumento fragmentos melódicos de obras adicadas a Ortigueira?
d) Practica co teu instrumento e o play along, a obra «Música para la Vida»
Ortigueira Spirit
AUDICIÓNS RECOMENDADAS
Escoita a composición improvisada GALLAECIA, interpretada pola Banda Sinfónica Infantil de Galicia no Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
Interpretarémola en breve todo o alumnado de linguaxe musical, banda, orquestra e coro do centro!