O Barallete dos Xingros

NG-18-Afilador-DSCN6421-rrCoñécese co nome de barallete ou baralleto a unha xerga propia que tiñan os músicos (das orquestras de baile principalmente e das bandas), na zona de Ourense de comezos e mediados do s. XX. Na rexión existían a sua vez outras importantes xergas; que ó igual co oficio de músico eran ambulantes, como a dos afiadores ou os paragüeiros.


O barallete dos xingros naceu por necesidade propia. Daquelas os músicos actuaban varios días nunha localidade, a que acudían a pé, en bicicleta ou en
burro sendo as súas viaxes longas, cheas de historias, con mil anécdotas e
aventuras polos sendeiros e camiños que percorrían.
Debido os antollos da maralla e dos maraos forxaron unha linguaxe propia, que só eles coñecían, como mecanismo de defensa propio.


Esta xerga transmitíase de forma oral, de xingros a músicos e que co paso do tempo e o cambio de vida e de costumes foise perdendo.
Eu descubrín este linguaxe na miña infancia como xingro de ghodaxes, apasionándome dende aquelas as vellas historias dos músicos da Galicia interior.


Nunca gharlei barallete, ainda que algunha palabra que outra intervía cando iba cos xingros ós muquidoiros.
Ainda non abuñaba ghranxo; sendo estas experiencias persoais nos guechos moi importantes na miña vida, para formarme como xingro sabuncho e principalmente como zoumo.
O seguinte vocabulario de barallete foi recollido no ano 1993 por Carlos Rodríguez.

DESCARGA DICCIONARIO BÁSICO DE BARALLETE (CLICK AQUI)


Comentarios

2 respuestas a «O Barallete dos Xingros»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *